O noso centro
O C.E.I.P Ponte dos Brozos está situado nunha poboación semiurbana, dinamizada polo polígono industrial de Sabón e moi cerca da Coruña, aínda que tamén ten afluencia de nenas e nenos que proceden do medio rural. Polas súas características xeográficas e sociais, pode incluirse na categoría de "centros de carácter pluricultural" e macrocentro, de feito, somos un dos máis grandes de Galicia.
Descrición do proxecto
O proxecto Polos Creativos ten a finalidade de impulsar no noso centro as habilidades e competencias STEAM (ciencia, tecnoloxía, enxeñería, artes e matemáticas) de toda a comunidade educativa coa implicación de alumnado, profesorado e, se fose o caso, das familias.
Consiste no acondicionamento e dotación de espazos concretos nos que se desenvolvan diversas actividades deseñadas polo profesorado implicado:
Estarán integradas e temporalizadas no curso académico e tratarán de mellorar o grao de desenvolvemento competencial do mesmo.
Terán o formato de obradoiro creativo aberto e comunitario.
Serán instrumentais, activas e manipulativas, favorecendo a iniciativa e a autonomía na planificación, deseño e concreción de propostas innovadoras e orixinais.
Serán integradoras e potenciarán no posible a participación de toda a comunidade, educativa e abertas á colaboración.