Referencias bibliográficas

Belinda Hopkins

Manual práctico para poder entender e deseñar círculos:

Hopkins, B (2020). Tiempo de círculo y reuniones en círculo. “Manual Práctico”. Consellería Educació, Universitat i Recerca. Direcció General Primera Infància, Innovació i Comunitat Educativa. Tiempo de círculo: Profundizando en el diseño y la facilitación - Práctica Restaurativa ... y más 

Jean Schmitz

Libro onde veñen moi ben explicadas as prácticas restaurativas empregadas no ámbito educativo, entre elas o círculo de diálogo e o "Tanque de peixes". Permite entender a filosofía de fondo das mesmas e da consellos moi útiles para facilitar os círculos:

Schmitz J. (2018). Prácticas restaurativas para la prevención y gestión de conflictos en el ámbito educativo. Progettomondo. https://restaurativa.org/publica/practicas-restaurativas-para-la-prevencion-y-gestion-de-conflictos-jean-schmitz/

Revista Convives

Revista online que recolle a experiencia de profesionais da educación aplicando prácticas restaurativas co seu alumnado:

AA.VV. (2018). Prácticas restaurativas y convivencia. Revista Revista Convives-Convivencia en la Escuela, nº21. REVISTA CONVIVES NÚM 21: PRÁCTICAS RESTAURATIVAS Y CONVIVENCIA (convivesenlaescuela.blogspot.com) 

Juan de Vicente Abad

Libro onde o orientador narra a experiencia de varios anos desenvolvendo prácticas restaurativas nun instituto de Madrid (IES Miguel Catalán de Coslada). Moi útil para ter como referencia se se quere camiñar cara un enfoque restaurativo no centro porque ademáis de incluir 19 círculos para realizar na aula, describe os obxectivos que se poden acadar coas prácticas restaurativas dende experiencias e exemplos vividos por eles. Tamén engade consellos para iniciar os círculos nas aulas e facer partícipe ao alumnado do seu deseño e dinamización.

De Vicente, J. (2021). Convivencia restaurativa. Aprender a convivir y a construir entornos de aprendizaje seguros. Ediciones SM.

María Carme Boqué

Libro onde se describen polo miúdo 20 círculos de diálogo coas súas variantes para poder aplicalos tanto en primaria como en secundaria:

Boqué, M.C. (2023). Prácticas restaurativas para la prevención y gestión de los conflictos. 20 Círculos de la palabra y una Asamblea en el aula. Narcea

Evidencia científica

Artículo dunha revisión sistemática de bibliografía entre o 2010 e o 2020 con estudos onde participaron 22.383 persoas de aproximadamente 900 escolas de primaria e secundaria. As principais conclusións indican que os programas de prácticas restaurativas transfiren coñecementos e habilidades relacionados coas competencias socioemocionais; melloran as relacións na comunidade educativa; fomentan a participación dos estudantes na vida escolar; fan autónomos a estudantes e docentes na resolución de conflictos de forma pacífica; reducen as indisciplinas, o acoso escolar, o nivel de desigualdade e a exclusión racial, cultural, de xénero e de estatus socioeconómico e tamén melloran o resultado académico:

Lodi, E.; Perrella, L.; Lepri, G.L.; Scarpa, M.L.; Patrizi, P. (2022). Use of Restorative Justice and Restorative Practices at School: A Systematic Literature Review. Int. J. Environmental Research and Public Health, 19(96). Doi: 10.3390/ijerph19010096

Juan Carlos Torrego

Libro onde se recollen os pasos e as dinámicas para formar Equipos de Alumnado Axudante á convivencia:

Torrego, J. C. (2018). La Ayuda entre Iguales para Mejorar la Convivencia Escolar. Manual para la formación de alumnos ayudantes. Narcea.