Rede de apoio do profesorado

Obxectivos

Metodoloxía

Desenvólvese un tipo de práctica restaurativa chamada círculo de diálogo. Para a súa implementación síguense unhas fases, non hai por que realizalas todas, as máis importantes son a "ronda de entrada", a "actividade principal", a "reflexión" e o "peche". 

Outra estructura restaurativa utilizada é a o "Tanque de peixes", onde a xente se dispón en dous círculos concéntricos para escoitar un problema dun membro do grupo e facer unha chuvia de ideas guiada, co fin de propoñer posibles solucións. 

Realizáronse sesións fóra do horario lectivo e cunha perioricidade mensual dende outubro ata maio.

Máis información sobre as dinámicas das sesións

Referenzas bibliográficas

Formación

O 25 de abril do 2024 o experto en Prácticas Restaurativas Rafael Pérez de Lis desenvolveu unha xornada de sensibilización de 3h sobre a diferenza entre o modelo restaurativo e o punitivo, abrindo a porta a profundizar nas prácticas restaurativas o próximo curso.

Conclusións

O profesorado participante amosa un nivel alto de satisfacción polo traballo realizado, tanto polas estratexias aprendidas para realizar co alumnado como para a aumentar a súa capacitación en competencias socioemocionais. Constataron que a experiencia de participar en círculos de diálogo tamén mellora o vínculo entre os membros do grupo e potencia o benestar docente.