As principais funcións do equipo de alumnado axudante á convivencia son:
Resolución de pequenos conflitos
Integración do novo alumnado
Identificación e análise dos problemas de convivencia
Detección de casos de acoso escolar
Aportación de melloras para a convivencia
Pertencer ao equipo implica asistir á formación e ás reunións periódicas de coordinación.
Cómpre saber que o alumnado axudante non educa ao resto do alumnado, nin fai mediacións, nin resolve os problemas de xestión de aula do profesorado.
Utilízanse 2 titorías no mes de outubro. A primeira para presentar ao alumnado o proxecto de axuda entre iguais e as funcións do EAA e a segunda para a selección do mesmo.
Titorías de presentación e selección do EAA
Tras a votación segreda do alumnado, as persoas titoras de convivencia de cada nivel entrevistan individualmente ao alumnado máis votado do seu curso. Finalmente, as titoras de convivencia xunto coa orientadora e a coordinadora do EAA deciden en reunión quen será o alumnado que formará o EAA deste curso tras a información recollida.
No mes de novembro as familias do alumnado seleccionado foi convidada a unha reunión informativa sobre o proxecto do EAA.
No mes de novembro asistiron a 10 horas de formación impartidas por unha profesional externa ao centro: Jennifer Herbón Inicio - (convivemais.com)
A partir de decembro o EAA, as titoras de convivencia de cada nivel da ESO e a coordinadora de convivencia xúntanse quincenalmente fóra do horario lectivo para reflexionar, formarse e propoñer ideas para a mellora da convivencia no instituto.
A metodoloxía empregada na maior parte das reunións foron os círculos de diálogo.
Estes manteñen unhas fases fixas que axudan á organización e a dar seguridade aos participantes. Estes sentan en círculo cun obxecto, o cal facilita o respecto dos turnos de palabra e a participación equitativa.
Periódicamente cada persoa titora de convivencia reúnese co EAA do seu nivel para planificar as intervencións ante problemas concretos que van xurdindo.
O EAA non pode decir o nome das persoas implicadas á persoa titora, fálase do feito non do nome dos protagonistas.
Para resolver os problemas séguense "Os pasos da axuda".
O alumnado recoñece que a experiencia de ter formado parte do EAA servíulle para:
Detectar problemas: "aprendín que no instituto hay moitos máis problemas dos que nos pensabamos", "dinme conta de que hay moita xente soa que o pasa mal e non ten axuda"
Empatizar: "Aprendín a fixarme máis na xente do meu redor e non só nos meus amigos" "Axudoume a entender mellor á xente"
Habilidades para a resolución de conflictos: "Axudei a moita xente e a min tamén" "Axudamos a moita xente ainda que non fora directamente" "Aprendín a reflexionar e a solucionar problemas"
Mellorar o vínculo: "servíume para traballar en equipo", "para respectarnos máis entre nós", "destaco o ben que nos levamos" "Destaco o repecto e o bo trato"