Saída a Monte e Lagoa de Louro 

Roteiro polo concello de Muros

O 6 de xuño, o alumnado do centro participou na saída a Muros organizada polo Club de Ciencias en cuxa primeira parte fixeron unha andaina guiada polo Monte e Lagoa de Louro.

Nesta zona, incluída en zona LIC (lugares de importancia comunitaria) e zona ZEC (zona de especial protección para as aves), ademais de descubrir especies autóctonas e zonas de interese natural, coñeceron acontecementos históricos relacionados co mundo mariñeiro.

Alén disto, tamén visitaron os Muíños de mareas do Pozo do Cachón, onde a guía do Concello informou do valor histórico, económico e patrimonial destas construccións.

 Na segunda etapa da saída, o alumnado visitou a praia de San Francisco en Louro, onde, como remate da actividade desfrutou de tempo de lecer no areal e nas zonas de esparcemento