Identificación das especies vexetais nas dunas de Mar de Fóra

Allysum gallaecicum

Planta perenne, de talos deitados, griseira ou prateada. Flores dispostas en acios mestos, con pétalos amarelos.

Florece entre xuño e agosto en áreas móbiles da beiramar de Pontevedra e A Coruña, sendo endemismo galego .

Especie indicadora de hábitats pouco alterados (praias pouco frecuentadas), polo que ten a condición de vulnerable.


Vicia sativa

Herba da fame, ervellaca

Planta anual. Follas pecioladas rematadas en gabiáns. Inflorescencias sésiles. Pétalos violáceos. Froito en legume.

Florece en marzo-agosto en terras de cultivo e pastos de todo o país.

Distribución: toda Europa

Scrophularia frutescens

Planta perenne, con talos moi ramificados. Follas coriáceas. Flores en cimas con corola púrpura. Froito en cápsula ovoide.

Aparece en areais marítimos. En Galicia, pódese encontrar nas provincias máis occidentais: A Coruña e Pontevedra. Floración de xuño a outubro.

Distribución: metade W da Península Ibérica


Euphorbia paralias

Herba leiteira

Planta perenne con talos ramificados dende a base. Follas sésiles, alternas. Gorsas e carnosas. Flores moi pequenas sen perianto. Froito en cápsula. Sementes pardas de cor gris pálida.

Ecoloxía: Florece dende marzo a setembro en dunas e areais costeiros.

Eryngium maritimun

Cardo da ribeira

Planta perenne, glauca e glabra. Talos ramificados. Follas fortemente espiñentas e dentadas. Flores en capítulos. Froito ovoide cuberto de escamas.

Ecoloxía: Florece de xuño a setembro nas áreas litorais.

Parentucellia viscosa

Planta semiparasita herbácea, anual, de glándulas pegallentas, normalmente non ramificada, de 10 a 50 cm.

Follas opostas de ata 12 mm de longo e 5 mm de largo, profundamente dentadas. Cáliz de 10 a 16 cm.

Corola amarela glandulosa-pubescente co labio superior máis longo ca o inferior. Froito en cápsula oblonga.

Ecoloxía: Florece de xuño a setembro en solos areosos preto da costa.