A praia de Mar de Fóra

Tipo de formación costeira

Litoloxía


Climatoloxía


Adaptacións das especies vexetais ás condicións do medio

Praia pequena exposta a fortes ventos. Fórmase unha forte pendente con areas grosas debido ao forte hidrodinamismo.

Atópase entre as formas costeiras do norte (costa rectilínea con grandes areais e elevados cantís) e as do sur (zonas típicas de ría)


A rocha predominante é o granito-orientado de dúas micas.

Esta zona está no punto de transición da costa Norte e Sur o que dá lugar á presenza de especies de ambas zonas, o que se coñece como efecto de borde.

Pola súa orientación é a área costeira máis sensible aos efectos dos sistemas nubosos do norte e noroeste que case non afectan as outras zonas, polo que rexistran maiores precipitacións que outros sectores costeiros próximos.


Vexetación con escaso nivel de cuberta vexetal como resposta aos movementos do litoral.

En xeral trátase de plantas vivaces, maioritariamente gramíneas con rizomas desenvolvidos. Algunhas plantas presentan follas reducidas e baixo número de estomas; tamén poden presentar pelos ou engrosamentos, no primeiro caso para evitar a perda de auga ou acumulación de auga no segundo caso.