Visita ao Centro de Formación A AIXOLA en Marín
Visita ao Centro de Formación A AIXOLA en Marín
O 19 de Marzo tivemos o privilexio de visitar o Centro de Formación A AIXOLA en Marín, espazo do mar impresionante.
Traballan para mellorar o medio mariño e os seus recursos, por un sector marítimo pesqueiro, máis competitivo e sostible.
Observatorio costeiro da Xunta de Galicia
Leva máis de 10 anos dedicado á observación e a predicións das condicións meteorolóxicas e oceanográficas da costa de Galicia.
Datos de observación e información de prognósticos, forma parte do observatorio transfronteirizo Raia.
Rede meteorolóxica en tempo real
Seis plataformas in situ que envían datos cada 10 minutos.
Desde 2008.
Datos meteorolóxicos.
Datos oceanográficos, temperaturas salinidade correntes.
Acceso a datos en tempo real.
Acceso aberto.
PROXECTO TransformAr: Onde traballan sobre acuicultura e cambio climático (CETMAR).
A importancia de Galicia que a nivel pesqueiro é unha das rexións máis importantes da Unión Europea.
Cultivo de mexillón
Preto do 40 % da produción europea en máis de 3000 bateas.
Emprega directamente a máis de 5000 persoas.
Cultivo e marisqueo de ameixa
Máis de 600 paquetes de cultivo e ao redor de 3500 autónomos no marisqueo principalmente mariscadoras a pé.
RISCOS
Cambios en condicións hidrográficas.
Máis algas tóxicas.
Perda de hábitats.
Eventos meteorolóxicos extremos.
SOLUCIÓNS
Dixitalización e estratexia no cultivo de mexillón.
Mellora do coñecemento e proxeccións para o marisqueo.
Seguros e financiamento.
A RÍA DE AROUSA
Importante produción de mexillón e ameixa.
Confluencia de diferentes sistemas de xestión do marisqueo.
Plans de explotación de confrarías.
Áreas de libre marisqueo.
Parques de cultivo.
Cooperativa.
Serie temporal de 10 anos, con datos de temperatura e salinidade en dous niveis.
Vixilancia de bateas de mexillón, apoio á toma de decisións de produción en tempo real.
Sensores en bateas de mexillóns.
Condicións ambientais de temperaturas, salinidade, ondada, parámetros de produción con operacións de mantemento na batea.
Web para tomar decisións informadas.
Análise de datos.
Desenvolvemento dunha web de apoio á toma de decisións baseadas en datos en tempo real.
Análise de poboacións de sementes de mexillón e outras especies.
Todas estes traballos de investigación están a realizarse no CETMAR.