BENVIDOS A METEOBASELLA!!!!!!!!!
Dende a comunidade educativa do I.E.S. A BASELLA estamos moi interesados e implicados neste proxecto interdisciplinar que pretende explorar os conceptos fundamentais da meteoroloxía, e explicar ao alumnado como funciona e por que é tan importante para a nosa sociedade, facéndoos protagonistas dunha viaxe polo tempo...
Estamos a recibir constantemente información de como está afectando e cales serán as consecuencias do cambio climático nas nosas vidas. Dende o I.E.S. A BASELLA buscamos cambiar os malos hábitos da comunidade educativa mediante actividades diversas e consideramos que a participación no programa MeteoEscolas co proxecto: O cambio climático e o mexillón, achegaríanos a esta realidade.
Onde estamos
O noso centro está situado na costa da Ría de Arousa, a escasos metros do Porto e de unha das empresa conserveiras do Concello. Ademais moitas das familias do noso alumnado viven da produción do mar e/ou da terra, a cal depende principalmente das condicións meteorolóxicas. Por isto vemos a importancia deste proxecto no I.E.S. A Basella, para evidenciar como o cambio climático está a afectar non só ao medio ambiente, ecosistemas (flora e fauna) senón tamén á economía desta vila.
A meteoroloxía é a ciencia dedicada ao estudo da atmosfera terrestre e dos fenómenos que nela ocorren. O seu obxectivo principal é comprender e predicir as condicións atmosféricas, incluíndo temperatura, humidade, presión do aire, velocidade e dirección do vento, precipitacións e outros elementos relacionados co clima e o tempo.
FALAMOS DE QUE...
A meteoroloxía xoga un papel esencial nas nosas vidas por varias razóns:
Previsións meteorolóxicas
As predicións meteorolóxicas permítennos planificar as nosas actividades diarias. Saber se vai estar soleado, chover ou nevar é fundamental para actividades como viaxar, practicar deportes ao aire libre ou planificar eventos.
Agricultura
Os agricultores dependen do tempo para tomar decisións sobre cando plantar, coller ou regar os seus cultivos. As condicións meteorolóxicas poden ter un impacto significativo na produción de alimentos.
Navegación
Os mariñeiros e pilotos confían nas previsións meteorolóxicas para unha navegación segura. As condicións meteorolóxicas poden afectar á seguridade no mar e no aire, tendo en conta a ubicación do noso centro, enriba do mar, e a economía de moitas das familias do noso alumnado dependen do mar.
Mitigación de desastres
Prever eventos meteorolóxicos extremos, como furacáns ou inundacións, é fundamental para a seguridade pública. As alertas temperás poden salvar vidas e reducir o impacto dos desastres naturais. Reflexionamos nas aulas sobre o acontecido en Valencia coa dina.
Cambio climático
A meteoroloxía tamén contribúe á comprensión e estudo do cambio climático a longo prazo. Axuda aos científicos a recoller datos sobre patróns e tendencias do tempo ao longo do tempo.
Como funciona a meteoroloxía?
A meteoroloxía baséase na recollida de datos atmosféricos e na súa análise para predicir o comportamento futuro da atmosfera.
Serán os alumnos, supervisados por un profesor, os encargados de recoller estes datos, facendo que se sintan coma pequenos meteorólogos, recollendo estes datos da nosa estación meteorolóxica.
Antes de ter a nosa estación meteorolóxica podíamos informarnos grazas a estación meteorolóxica que está na C.I.M.A., e contamos coa súa axuda e colaboración para seguir aprendendo.
Fenómenos meteorolóxicos importantes que trataremos nas aulas.
Clima
O clima refírese ás condicións meteorolóxicas medias dunha zona durante un período prolongado. Comprender o clima é esencial para a planificación urbana, a agricultura e a xestión dos recursos naturais.
Cambio climático
A meteoroloxía contribúe significativamente á comprensión do cambio climático a longo prazo.
Tempo extremo
Os eventos meteorolóxicos extremos, como furacáns, tornados, inundacións e secas, poden ter un impacto devastador nas comunidades. A previsión e a preparación precoz son fundamentais para minimizar os danos. En definitiva, a meteoroloxía é unha ciencia vital que incide directamente na nosa vida cotiá e nas nosas decisións. Desde a planificación dunha comida nunha terraza ata a xestión de desastres naturais, o clima ofrécenos información esencial para tomar decisións fundamentadas.
Estes son algúns dos traballos desenvolvidos polo alumnado do IES A Basella durante o curso escolar 2024-2025. Para máis información preme no botón Espazo meteorolóxico.