Únete a esta marabillosa viaxe connosco, é mantente informado do que xa estamos a facer.
Traballo de cor de 4º da ESO en Expresión Artística. O profesor Antonio Porto debuxa nunha lámina o cadro de Van Gogh sen detallar o ceo. Os alumnos tiñan que pintalo de maneira libre.
Ao longo do tempo, foron moitas as mulleres que nos axudaron a comprender a atmosfera, as predicións meteorolóxicas e a climatoloxía...
Traballos de 1º de Bacharelato de Debuxo Artístico. O exercicio consiste en cambiar o fondo do cadro e facer unha perspectiva arquitectónica dun punto de fuga co ceo de fondo.
🌦️Meteoroloxía e emocións. ☝️Premede no vídeo.
Nas clases de Educación Plástica, Visual e Audiovisual desenvolvéronse actividades sobre o clima: unha centrada en representar as nubes e outra dedicada a interpretar o sol a partir de distintas frases.
O alumnado de Educación Dixital-3ºESO analizou os aparellos de medición que podemos atopar nunha estación meteorolóxica.
BLOWING IN THE WIND (BOB DYLAN). Executada con instrumentos de lamas, polo alumnado de música 2º ESO B do IES A BASELLA sobre unha base creada polo seu profesor Joaquín Díaz Méndez.
Este curso as caras das moedas e billetes dos mate-puntos serán as caras de mulleres meteorólogas da historia. Para elixir as 5 meteorólogas votamos man da historia da meteoroloxía e do azar e a probabilidade.
Os alumnos de 3ºESO PDC encárganse de ir todos os días á estación meteorolóxica do centro e anotar nun caderno: as temperaturas máxima e mínima que rexistra o termómetro e a medida de precipitacións do pluviómetro.