Murais Capas da Atmosfera
Murais Capas da Atmosfera
Os alumnos de Bioloxía-1ºESO recompilaron información das capas da atmosfera e fixeron murais que colgaron na aula.
En cada clase organizáronse por grupos, cada grupo fixo unha capa da atmosfera, despois xuntaron todas as capas e entre toda a clase acabaron de facer o mural.
Algunhas das fotos que se fixeron mentres traballaban foron estas:
1º ESO A
Aquí vense algunhas fotos da clase e como vai evolucionando o traballo.
Nesta foto vese a toda a clase xunto ao traballo que fixeron.
1º ESO C e 1º ESO B
Nestas imaxes vese como están traballando, pintando e recortando.
Ao rematar de recortar e pintar comezan a montar as pezas e a xuntar todo para conseguir o resultado final.
Nesta foto aparece todo o grupo 1º ESO C co traballo acabado.
Nesta foto podemos ver o mural de 1º ESO B acabado.