Como parte do proxecto dixital de TIC I, un grupo de alumnos de 1º de bacharelato realizou unha pequena produción audiovisual relacionada co instrumental meteorolóxico e os fenómenos atmosféricos.
Premede no vídeo para velo.
Outros grupos de alumnos de TIC I deseñaron e programaron en App Inventor aplicacións de xogos destinadas aos nenos pequenos, para que poidan aprender de forma divertida algúns conceptos relacionados coa meteoroloxía, o medio ambiente e os distintos factores climáticos que se poden observar e medir.
App SoleEstrondo
A idea xira arredor dunha dinámica con viláns e minixogos. Cada minixogo ten o seu propio desafío, cunha mecánica diferente, e un vilán que representa un fenómeno climático específico, como a chuvia, o vento, a temperatura ou a humidade. A través destas actividades, buscamos que os nenos non só aprendan, senón que tamén se fagan preguntas e comecen a entender porqué estes factores son importantes para coidar o planeta. Ao completar os minixogos hai un cuestionario con preguntas meteorolóxicas para que a aprendizaxe sexa algo máis próximo, divertido e con sentido.
Feito por Miguel E., Daniel N. e Alma V.
App XogoMeteoroloxíaMAC
O xogo trata sobre un neno que terá que visitar diferentes lugares, onde se enfrontará a diferentes probas relacionadas coa climatoloxía: un quebracabezas, unha sopa de letras, un test de verdadeiro ou falso e finalmente un xogo de preguntas e respostas.
Feito por Amanda G., Manuel P. e César S.
Necesitarían máis tempo para probar e depurar os programas. Tentarase arranxalas o vindeiro curso.
Proximamente 👇
Descargar apk