O 4 de febreiro tivemos o privilexio de recibir a visita de Carlos Gavín Sánchez, Director da C.I.M.A. que nos deu unha charla sobre meteoroloxía e investigación, sumándose así ao noso proxecto de MeteoEscolas.
Fomos conscientes do pouco que sabiamos da magnitude da importancia do traballo que se desenvolve na C.I.M.A e na Illa, sendo veciños.
Resumiu explicando a investigación focalizada nas rías galegas e os compoñentes do clima: humidade, temperatura atmosférica, precipitación e vento. Facendo referencia e distinción ao falar da atmosfera, ou cando falamos dos océanos.
Conceptos cos que estamos a traballar este ano tódolos días, e da importancia para facer predicións.
Reflexionamos e aprendimos:
Sobre o relevo dos fondos oceánicos.
Efecto Coriolis nas correntes oceánicas e influencia no clima.
Importancia do sol no fitoplacton, organismos fotosintéticos; base da cadea trófica dos océanos e produtor da metade de O2 do planeta.
Influencia do clima nas redes tróficas mariñas, no placton: fitoplacton e zooplacton.
O Descenso da Salinidade, inflúe nas tasas de filtración, crecemento e supervivencia do mexillón.
ORIENTACIÓN DAS RÍAS GALEGAS.
Diferenza e o que inflúe o vento do norte ou do sur.
As corrientes mariñas…