O curso estrutúrase en 5 sesións didácticas presenciais e 4 visitas a obras, empresas e instalacións de interese.
O curso terá lugar os venres dende o 4 de setembro ata o 30 de outubro de 2026 (sesións didácticas de 9:00 a 14:00 e visitas de 9:00 a 18:00).
O lugar de celebración das sesións didácticas será a sede de ABANCA Obra Social (Praza de Cervantes 18, Santiago de Compostela).
O curso inclúe visitas a empresas, industrias e proxectos de referencia que permitirán coñecer de primeira man as distintas fases da cadea de valor da madeira e a súa aplicación na construción.
A madeira está chamada a desempeñar un papel protagonista na transición cara a unha construción máis sustentable, eficiente e respectuosa coa contorna.
Este curso ofrece a oportunidade de coñecer, desde unha perspectiva técnica e práctica, como aproveitar todo o seu potencial para deseñar e construír os edificios do futuro.
HORARIO
9:00-18:00
Presentación do curso (na sede ABANCA)
Sesión introdutoria COAG
Visitas a FINSA, EXFOPINO e Casas Arraigo
Visita guiada por Irene Jimeno Guadalix / Juanjo Otero
HORARIO
9:00-14:00
Sesión teórico práctica
Docente: Jesús Uriol
HORARIO
9:00-18:00
Maderas Hermanos Castro: Fabricación de madeira estrutural e lamelada de Pino Pinaster. Pino de Galicia
Enpezas: Construción modular con armazón lixeiro de madeira
Casa Bio Timber frame: Casas ecolóxicas con armazón lixeiro de madeira
Visita guiada por Irene Jimeno Guadalix / Juanjo Otero
HORARIO
9:00-14:00
Sesión teórico práctica
Docentes: Martín Amado Pousa, Xosé Covelo, Victoria Merchán e María Sánchez
HORARIO
9:00-18:00
Xilonor: Fabricación de madeira estrutural contralaminada de piñeiro. Pino de Galicia
Lignia Enxeñería e construcíon con adeira: Deseño, cálculo e execución de construcións con madeira
Visita guiada por Irene Jimeno Guadalix / Juanjo Otero
HORARIO
9:00-14:00
Sesión teórico práctica
Docentes: Martín Amado Pousa, Marta Trigás Arias.
HORARIO
9:00-18:00
Maderas Rubén: Fabricación de estruturas de madeira
CIS Madeira: Centro de innovación e servizos tecnolóxicos da madeira de Galicia
Visita guiada por Irene Jimeno Guadalix / Juanjo Otero
HORARIO
9:00-14:00
Sesión teórico práctica
Docentes: Marta Trigás Arias, Cristina Ezcurra de la Iglesia, Cristina Ouzande Lugo, Paula Alfonso.
HORARIO
9:00-14:00
Sesión teórico práctica
Docentes: Martín Amado Pousa, Marta Trigás Arias.
Prezo: 250,00€.
O lugar de celebración das sesións presenciais será no Centro ABANCA Obra Social en Santiago de Compostela, Praza de Cervantes 18.
As visitas realizaranse en microbús desde Santiago, con volta ao mesmo lugar ao remate da xornada.
O programa de visitas inclúe un xantar en lugar a convir. O custe do xantar forma parte do prezo do curso.
Nota: oS percorridoS e visitas a realizar poden sufrir variacións por cuestións loxísticas e organizativas.