Aula Arume é a iniciativa de formación da Fundación Arume, creada co obxectivo de achegar coñecemento, experiencias e tendencias que contribúan ao desenvolvemento dun sector forestal máis innovador, sustentable e preparado para afrontar os retos do futuro.
A Fundación Arume traballa para promover unha visión positiva e rigorosa do monte, impulsando o coñecemento sobre a xestión forestal sustentable, o papel das coníferas en Galicia e as oportunidades que o sector forestal xera para o desenvolvemento económico, social e ambiental do territorio.
Neste contexto, Aula Arume nace como un espazo para aprender, compartir experiencias e profundar naquelas cuestións que resultan estratéxicas para o presente e o futuro dos nosos montes.
A través de cursos, programas especializados e actividades formativas, abordaremos temas vinculados á xestión forestal, as coníferas, a biodiversidade, a innovación, a madeira, a sustentabilidade, a bioeconomía e outros ámbitos de interese para comprender mellor o papel que desempeña o sector forestal na construción dunha sociedade máis próspera e sustentable.
Aula Arume busca contribuír a unha maior comprensión do valor dos nosos recursos forestais e fomentar unha cultura baseada no coñecemento, a innovación e a xestión responsable do territorio.
Porque o futuro dos nosos montes depende tamén da nosa capacidade para coñecelos, comprendelos e poñelos en valor.
A Fundación Arume é unha fundación sen ánimo de lucro galega creada para innovar no uso da madeira.
Potenciar a presenza de coníferas nos montes en cantidade e calidade.
Facilitar aos propietarios forestais unha alternativa sostible.
Impulsar a bioeconomía en Galicia a través da madeira, un recurso esencial.
Fomentar a innovación, o emprendemento e o desenvolvemento rural.