O equipo docente deste curso está formado por profesionais de diferentes disciplinas, especialmente da arquitectura en madeira.
Arquitecto pola ETSAC da Coruña desde 2002, cofundador de MOL Arquitectura, docente en Master da Madeira de CESUGA, colaborador da Fundación Arume, con recoñecementos en Premios FAD, Premios de Arquitectura e Rehabilitación de Galicia, Premios Porcelanosa, Premios C.O.A.G, Gran de Area, AMADE, Hispalyt, BUILD Awards, PREMIOS ARQUITECTURA PLUS, Advanced Rehabitech Awards, DIN, Premios Juana de Vega, Premios MAPEI, “Thinking Wood Awards”, Premios Galegos de Arquitectura Sostible, Premios de Construción Sostible de Castela e León, Hostelco Awards, Obra do Ano ODA. Relatores en distintos congresos como Egurtek, Rebuild, Lignomad , escolas técnicas e xurados de premios Hispalyt, Bienal de Arquitectura Mexicana, Bienal de Arquitectura de Chiapas, Premios Arquitectura en Madeira CESUGA.
Desde 2002, os piares sobre os que se asenta o traballo de MOL Arquitectura, son o respecto pola contorna, cunha arquitectura que prioriza a rehabilitación sobre a incorporación de novas construcións, e buscando sempre solucións sostibles, innovadoras, con prevalencia do emprego de madeira local.
Irene Jimeno Guadalix é unha arquitecta e consultora técnica especializada en construción con madeira, titulada pola Universidade Politécnica de Madrid e cun Mestrado en Enxeñaría da Madeira Estrutural pola Universidade de Santiago de Compostela. En 2019 fundou "Toca Madera · Sounds Wood", unha influente plataforma dixital orientada á divulgación, formación e asesoramento técnico no sector. Tras compaxinar durante anos esta iniciativa co seu desempeño no sector da enxeñaría farmacéutica, actualmente dedícase en exclusiva á consultoría privada e á promoción da arquitectura sostible, avogando polo aproveitamento intelixente deste material, a descarbonización construtiva e o impulso da economía rural.
Cunha sólida comunidade dixital e publicacións técnicas de masiva repercusión —como a súa exitosa Guía de Rehabilitación de Estruturas de Madeira—, o seu proxecto destaca polo desenvolvemento de ferramentas innovadoras como un Mapa Colaborativo Interactivo que monitoriza máis de 800 proxectos de construción con madeira a nivel mundial, así como diversos xogos educativos en torno á madeira. Así mesmo, consolidouse como un referente docente e divulgativo internacional, colaborando de forma continua en mestrados da UPM ata formacións a corpos de seguridade do Estado (como a Policía Nacional) e exercendo activamente como poñente, moderadora e mestra de cerimonias nos congresos máis relevantes do sector, entre eles REBUILD, EGURTEK e FIMMA + MADERALIA.
Ingeniero Técnico Industrial
Consultor Acústico Consultor Acústico con máis de 25 anos de traxectoria (desde o ano 2000) no sector da edificación e a consultoría acústica. Especialista en illamento e confort acústico, avalado pola redacción e xustificación técnica de máis de 70 proxectos en madeira baixo o estándar do CTE DB-HR (Protección fronte ao ruído).
Divulgador activo e conferenciante en foros de referencia como Rebuild, o Gremi da Fusta e o Fòrum MADEIRA. Compaxina a súa actividade profesional coa docencia, colaborando en clases e másteres da Universitat de Lleida e La Salle, así como en formacións especializadas para colexios profesionais, entre os que destacan o COAC (Barcelona), os Colexios de Aparelladores de Barcelona e Manresa, e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia.
Arquitecta pola UDC (A Coruña) especializada en sostibilidade e eficiencia enerxética. Máster en arquitectura e sostibilidade UPC (Barcelona) e Passivhaus designer.
Como arquitecta, desenvolve proxectos de vivenda Passivhaus desde unha perspectiva centrada na saúde, concedendo tanta importancia aos materiais empregados como á eficiencia enerxética. Tamén colabora con outros profesionais asesorándoos sobre como deseñar vivendas Passivhaus e como empregar materiais naturais como a terra, a cal, os fardos de palla ou a madeira.
Ademais, combina a súa práctica profesional coa divulgación e a formación. Na actualidade forma parte da xunta directiva da Asociación Passivhaus de España, onde traballa na difusión do estándar. Así mesmo, colabora na formación do posgrao de Arquitectura e Saúde da Escola Sert e no Máster de Bioconstrución do IEB.
Xunto con Marta e Martín, creou Zerocoma, unha plataforma destinada a compartir coñecementos sobre eficiencia nos edificios.
Arquitecto técnico pola EUAT (A Coruña) e enxeñeiro civil especializado en deseño enerxético pola VIA University College (Dinamarca).
Curso ATECYR de experto en climatización, Posgrao en simulación enerxética de edificios UB, Máster Universitario en Edificación Sostible, Passivhaus designer e Certificador de edificios Passivhaus acreditado por PHI.
Como certificador de edificios Passivhaus con máis de 10 anos de experiencia, ten participado no desenvolvemento de máis de 200 proxectos de todas as tipoloxías e solucións construtivas. É experto en simulación enerxética e experto no cálculo de pontes térmicas, así como asesor acreditado de certificación de compoñentes e sistemas construtivos Passivhaus.
Durante os últimos 10 anos foi profesor dos cursos de especialización para arquitectos e enxeñeiros como deseñadores Passivhaus, así como de cursos específicos relacionados co cálculo de edificios de moi alta eficiencia enerxética. Tamén participou como profesor invitado no Máster Universitario de Edificación Sostible (MUES) da UDC A Coruña e no Máster en Instalacións MEP e Sustentabilidade (MIMS) da Universidade Politécnica de Madrid.
Arquitecta pola ETSAB (Barcelona) especializada en bioconstrución e eficiencia enerxética. Máster en Bioconstrución IEB (Instituto español de baubiologie) e Passivhaus designer.
Como arquitecta, desenvolve proxectos de vivenda Passivhaus desde o punto de vista da saúde dando tanta importancia aos materiais que se utilizan como á eficiencia enerxética. Tamén colabora con outros profesionais asesorando como facer as súas vivendas Passivhaus e como utilizar materiais como a terra, a cal, as balas de palla ou a madeira. Para rematar, combina esta práctica profesional coa divulgación e a formación. Actualmente forma parte da xunta directiva da asociación Passivhaus de España onde se traballa pola divulgación do estándar. Tamén colabora na formación do posgrao de arquitectura e saúde da escola Sert e no Máster de bioconstrucción do IEB. Xunto a Marta e Martín crearon Zerocoma, unha plataforma para compatir os seus coñecementos sobre eficiencia nos edificios.
EZCURRA e OUZANDE ARQUITECTURA SLP
Arquitecta pola UDC (A Coruña). Especializada en rehabilitación, arquitectura en madeira e intervención en espazo público. Máster de Patoloxía e Restauración Arquitectónica 95-96 UDC
Arquitecta pola UDC (A Coruña). Especializada en rehabilitación, intervención en espazo público e arquitectura en madeira. Máster de Patoloxía e Restauración Arquitectónica 95-96 UDC. Máster en Rehabilitación e Renovación urbana (USC).
Cristina Ouzande Lugo e Cristina Ezcurra de la Iglesia, desenvolven o seu labor en EZCURRA e OUZANDE ARQUITECTURA SLP desde 2003, cunha ampla traxectoria en rehabilitación, restauración, edificación en madeira e intervención en espazo público. Entre as súas obras destacan a rehabilitación do Pazo de Raxoi, o centro de saúde do Porriño (1º premio Arquitectura e sustentabilidade de Galicia 2025), a rehabilitación do Castillo de Monterrei, o Centro de Urxencias da Laracha (edificio modelo NBE), a rehabilitación de Villa Concepción para casa de Cultura de Cambre, Recuperación dos núcleos tradicionais da Pena (Paradela) e A Balsa (Triacastela) no Camiño de Santiago , así como estudos e plans directores de protección patrimonial en Galicia.
Licenciada en arquitectura en 2005, cursei estudos entre ETSAC (Coruña), AUIC POLIMI (Milán) e ETSEIA (Segovia).
Máster en Renovación Urbana e Rehabilitación USC (Santiago).
O estudo de arquitectura Paula Alfonso arranca en Cambados no ano 2007, combinando obra nova e rehabilitación, dende a escala da renovación urbana ata o deseño de interiores.
Como parte do engrenaxe da construción son responsables de integrar criterios de responsabilide social, sostibilidade e saúde na arquitectura, para o que realizamos propostas personalizadas promovendo o emprego de materiais e estratexias de baixo impacto ecolóxico. Por iso apostan pola madeira e derivados como material fundamental neste futuro descarbonizado, mais amable e mais humano. Defenden a rehabilitación dende unha concepción alegre do patrimonio arquitectónico, poñendo en valor a súa importancia histórico-artística, pero tamén a necesidade de repensalo como un elemento que precisa ser vivido, modificable e adaptable, capaz de satisfacer as necesidades da sociedade actual.
Aquí atoparás unha arquitectura consciente, responsable, integrada na contorna, saudable e duradeira que ten como obxectivo crear espazos para ser vividos.
Arquitecta (2013) e Máster en Estruturas de Edificación (2014) pola ETSAM (Universidade Politécnica de Madrid). Máster en Enxeñaría da Madeira Estrutural (2015) pola Universidade de Santiago de Compostela.
Desde 2016 desenvolve a súa actividade profesional en Cambium Estudio, onde deseña construcións máis responsables coa contorna e enerxeticamente eficientes, e é socia de Escuadría, enxeñería especializada en estruturas de madeira, participando no desenvolvemento de proxectos con estrutura de madeira e prestando asesoramento técnico neste ámbito.
Compaxina a súa práctica profesional coa docencia, impartindo cursos e formacións sobre construción con madeira para colexios profesionais, universidades e empresas do sector. Tamén divulga sobre construción con madeira e procesos construtivos eficientes a través de diferentes formatos.
Director da Asociación Forestal de Galicia.
Enxeñeiro Técnico Forestal pola Universidade de Vigo (2002) e Enxeñeiro de Montes pola Universidade de Santiago de Compostela (2005), con vinte anos de experiencia no sector forestal galego en diferentes ámbitos.
Principais liñas de especialización no ámbito forestal no marco da Asociación Forestal de Galicia e de Selga, Compañía Galega de Silvicultura:
- Asesoramento xeral a Comunidades de Montes e propietarios forestais particulares.
- Comercialización e valoración de madeira.
- Coordinación técnica de grupos de certificación de xestión forestal FSC e PEFC.
- Esperto en servizos ecosistémicos.
- Asesoramento e promoción de proxectos de absorción de carbono no ámbito forestal.
- Constitución de agrupacións de xestión forestal conxunta.