No curso 2023/24 ofértanse cursos semipresenciais de francés no nivel B1, e inglés nos niveis B2.1, B2.2, C1.1, C1.2 e C2, distribuídos entre os centros de Santiago - Vite, Santiago - Sar, Ordes e Ribeira.
O programa That’s English! está deseñado para que o alumnado traballe de maneira individual e despois acuda ás titorías para resolver dúbidas e facer práctica oral. Estes cursos semipresenciais, porén, baséanse na interacción do alumnado co/a profesor/a e os/as compañeiros/as tanto na aula presencial coma na aula virtual, fomentando a aprendizaxe colaborativa.
Presencialidade e virtualidade están interrelacionadas e non se concibe a unha sen a outra. Aínda que a asistencia non é obrigatoria, participar en ambas as dúas é necesario para poder acadar os obxectivos do curso de maneira satisfactoria.
Si. Os cursos de ambas as modalidades, tanto a presencial coma a semipresencial, conducen á obtención da mesma certificación, logo da realización dunha mesma proba.
Si. Aínda que ter experiencia en formación en liña é sempre unha vantaxe, non é requisito imprescindible para matricularse. O teu profesor/a servirache de orientador/a e guía e axudarate en todo o que necesites.
Non necesariamente. En ambas as modalidades haille que dedicar tempo ao estudo. O que si se precisa no ensino semipresencial é un maior grao de autonomía na xestión do tempo e da propia aprendizaxe.
Si. A aula Moodle do centro está preparada para poder acceder a ela dende un dispositivo móbil, se ben non se pode facer uso de todas as funcións. É por iso que se recomenda traballar dende un ordenador persoal.