Ao comezo do curso, recibirás un correo electrónico do teu profesor/a, no que che dará unha serie de instrucións para acceder á aula virtual e che facilitará o contrasinal de acceso. Para acceder ao teu curso, terás por tanto que:
autorexistrarte na plataforma Aula Moodle do centro
buscar o grupo no que estás matriculado/a e acceder co contrasinal facilitado polo teu profesor/a.
Na primeira sesión presencial explicaranche tamén como acceder e axudaranche a resolver calquera dúbida ou dificultade que teñas.
Na propia portada da Aula Moodle tes información e titoriais sobre como manexarte pola plataforma: acceder ao teu curso, configurar o teu perfil de usuario, ler e enviar mensaxes, participar en foros, enviar tarefas, etc.