Como son os cursos de actualización?
Estes cursos son principalmente de tres tipos:
cursos de actualización para o público en xeral: son cursos de perfeccionamento ou afianzamento das destrezas comunicativas, cun carácter informal e sen exames finais; poden ser xenéricos ou temáticos
cursos de preparación das probas de certificación: son cursos ideados expresamente para preparar as probas de certificación dos niveis
cursos para colectivos profesionais: son cursos específicamente deseñados para atender ás necesidades dun determinado colectivo profesional no eido léxico e funcional
Os cursos poden ter unha duración de 30 h, 60 h (cuadrimestrais ou anuais) ou de 120 h (anuais).
Na EOI tamén se imparten cursos específicos para profesorado, que se ofrecen a través da plataforma de formación de profesorado da Xunta de Galicia (fprofe), cursos de linguaxe administrativa galega para funcionarios das administracións públicas, e cursos gratuitos de preparación das probas de certificación de lingua galega (CELGA).