Non. Para os cursos de actualización só se expide un certificado de aproveitamento.
Os cursos de actualización teñen sentido para alumnado que xa certificou e quere reforzar a súa competencia, ou para alumnado que non pode ou non quere asistir a un curso oficial.
Para certificar un nivel de lingua o ideal é matricularse nos cursos oficiais da EOI, o presentarse as probas de certificación por libre.
Non. Os cursos para o público en xeral están abertos a todo o mundo.
Non é imprescindible acreditar un nivel para matricularse, pero sí é recomendable ter o nivel. A matrícula nestes cursos é decisión voluntaria do alumnado, polo que o centro non se fai cargo da falta de aproveitamento por ter o alumnado un nivel insuficiente.
Os cursos custan 1,5 € por hora, e ademais é posible que teña que aboar a taxa de servizos xerais (13 €) e a taxa de apertura de expediente se nunca se foi alumno dunha EOI galega (22 €). Así, por exemplo:
curso de 120 h: alumnado novo 215 €; alumnado antigo 193 €.
curso de 60 h: alumnado novo 125 €, alumnado antigo 103 €.
Se ten dúbidas aconséllase consultar consultar o importe co centro antes de facer o pagamento.