Os cursos de actualización son de matrícula directa por orde de chegada, ata esgotarse as prazas dispoñibles. Para matricularse acceda ao espazo de matrícula habilitado na web do centro para cada convocatoria.
A matrícula nos cursos de actualización e especialización custa 1,5 € por hora.
Ademais é posible que teña que aboar a taxa de servizos xerais (13 €) e a taxa de apertura de expediente se nunca se foi alumno dunha EOI galega (22 €).
Así, por exemplo:
curso de 120 h: custaría 215 € para alumnado novo 215 €, e 193 € par alumando antigo
curso de 60 h: cuataría 125 € para alumnado novo, e 103 € para alumnado antigo
Aplícanse as exencións previstas na normativa (consulte toda a información ao respecto na web da EOI ou directamente no centro).
Para garantir o mellor funcionamento e aproveitamento, é importante fixarse no nivel de lingua recomendado para cada un deles. O nivel de competencia indicado non é obrigatorio, pero si recomendable, pois será o nivel no que se imparta cada curso.
Estes cursos non son incompatibles cun curso oficial (unha alumna pode cursar C1.1 oficial, por exemplo, e ao mesmo tempo estar matriculada nun curso de actualización de B2).