Os cursos de actualización son cursos para refrescar ou perfeccionar a competencia lingüística, e poden estar dirixidos ao público en xeral ou a colectivos profesionais concretos. Son cursos sen exames que poden ter un enfoque global ou poden centrarse nunha competencia ou tema específico. Estes cursos están sempre ancorados nun nivel do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (A2, B1, B2, C1 ou C2).
Estes cursos están pensados para alumnado:
que xa ten un nivel da EOI certificado e quere actualizar os seus coñecementos da lingua
que quere preparar un exame de certificación
que esgotou as convocatorias na EOI pero quere seguir preparándose para presentarse aos exames de certificación por libre
que quere retomar o estudo dun idioma pero precisa reforzar os seus coñecementos antes de matricularse no seguinte nivel
que xa completou o itinerario nun idioma pero lle gusta o ambiente e o xeito de traballarmos na EOI...