O Proxecto de Vida Activa e Deportiva ten como finalidade achegarlle recursos e ferramentas ao noso alumnado para identificar e facilitarlle hábitos e rutinas máis axeitados á súa idade e os máis beneficiosos para a súa saúde.
A través de actividades dinámicas, retos motivantes e coa colaboración das familias, buscamos que os nosos nenos e nenas aprendan un pouco máis sobre unha boa alimentación, adquirir hábitos saudables e ter presente a importancia do coidado do medio ambiente.