Cumplir anos lévase moito mellor se o celebras en boa compañía.
Grazas aos nosos irmáns e irmás dos colexios Mariano de Vigo e San Francisco de Vilagarcía de Arousa por participar na festa do noso 125 ANIVERSARIO. Non nos podemos esquecer das familias que asistiron para animar, colaborar no proxecto LADESOL e, incluso, facer de adestradores.
"Algunhas veces gaño e noutras ocasións aprendo, pero eu nunca perdo".
Reflexión de Nico, de 5.º E. Primaria.
Xogamos todos, pasámolo en grande, fixemos novas amizades e, por riba, puidemos celebrar xunto aos nosos compañeiros e compañeiras as victorias. Gardamos un saco cheo de boas lembranzas dese día e grandes xestos deportivos entre xogadores/as.