Dende o equipo de Educación Infantil proponse a realización dunha programación para a aula de estimulación temperá.
Este programa motor busca axudar aos máis pequenos a desenvolver as súas capacidades de maneira progresiva e adaptadas ás súas idades. Cada curso terá que realizar diversos exercicios físicos (braquiación, gateo, arrastre…) que serán programados e establecidos con anteridoridade. Grazas a este programa os alumnos/as poderán desenvolver o equilibrio, a lateralidade e a destreza manual, o que repercutirá tamén no desenvolvemento integral do neno/a.
Esta sesión será impartida por un especialista nesta materia e, senon, contarase cunha mestra/e do mesmo nivel educativo que se adica a realizar estas sesións, dando a oportunidade de ter apoio na aula de estimulación e poder respaldar ao máximo a seguridade dos nenos e a correcta realización das sesións.
Ademais esa mestra/e reforzaría o apoio na etapa de Educación Infantil xa que cada vez hai máis nenos e nenas con dificultades nesta etapa e poderíamos mellorar o seu desenvolvemento dunha forma máis persoalizada e integral.
Selección de imaxes na aula de estimulación temperá de distintas sesións