O NOSO LUTIER
Miguel Rivas é un lutier de instrumentos tradicionais, aínda que el prefire dicir que é un artesán que elabora este tipo de instrumentos. Ten o seu taller moi preto do noso colexio, aquí en Cabral.
Empezou a tocar instrumentos de percusión con 7 anos. A curiosidade levouno a empeñarse en saber construílos e, finalmente, converteu esta afección no seu modo de gañarse a vida.
Acabando a ESO xa tiña en mente facer un ciclo de carpintería e intentar montar o seu propio taller ao finalizalo.
Na escola de Artes e Oficios de Vigo aprendeu a construir gaitas. Nembargantes, formarse en percusión non era tan sinxelo. Como non tiña onde aprender a facer os instrumentos tradicionais optou por seguir o método tradicional «probando e rompendo moita madeira».
A continuación tedes unha entrevista onde nos conta os seus inicios e curiosidades da elaboración dos seus instrumentos.
O "logo" do taller de Miguel
Miguel Rivas nun momento da entrevista con Lois