Se por algo coñecemos á vila mariñeira de Camariñas é polos seus encaixes e palillos. En plena costa da Morte, este pequeno pobo coruñés transmitiu o seu arte e amor polo encaixe de palillos de Camariñas. Diso encargáronse as palilleiras, que manteñen viva esta antiga tradición que data do século XVI, convertida hoxe en día en artesanía.
Caracterízase por ser unha labor feita a man que se realiza entrelazando fíos sobre unha almofada, seguindo un debuxo previamente realizado en cartón ou picado. Os materiais empregados para realizar as labores son: almofada, bolsa de alfinetes, bolsa de fío, cuiro, palleta, cartón ou picado e palillos.
As palilladas
As palilladas, tamén chamadas "escolas", eran reunións de mulleres que se congregaban na casa dunha delas, nun cuarto chamado "sala", para facer encaixe.
Comezaban no mes de setembro e remataban en marzo, coincidindo coa época de menor actividade agrícola. Facíanse de luns a sábado e ocupaban todo o día ata a madrugada. Os domingos fregábase a escola e acostumábase a lavar os palillos e enchelos de fío para non perder tempo durante a semana.
Asistían palilleiras de todas as idades que estaban dirixidas por unha das maiores. Colocaban un banco de madeira no centro da sala e se sentaban no chan, coas pernas cruzadas, apoiando as almofadas no banco.
Ás palilleiras que se dedicaban completamente á labor do encaixe se lles chamaba "caseteiras", mentres as que vivían das labores da terra soamente palillaban pola noite ou cando facía mal tempo.
As palilladas rexían, en certo modo, a vida cotiá da comarca; xa que eran tradición as largas conversas, a entoación de cantigas e os xogos populares. Perviviron ata os nosos días, e aínda que perderon a súa antiga natureza, continúan sendo un punto de encontro para as palilleiras e unha escola para as aprendizas.