O Museo conta con 2 plantas. A sala de exposicións temporais ocupa a planta baixa do eidificio, mentres que na planta superior do edificio albérgase a coleción permamente do Museo.
O museo do encaixe de Camariñas creouse no mes de novembro de 1996. Os obxectivos da súa creación son, entre outros:
Promover o coñecemento e a difusión dunha práctica artesanal que permanece viva dende fai séculos en Camariñas para contribuír á promoción do patrimonio etnográfico e artístico galego.
Recuperar pezas antigas e deseños utilizados tradicionalmente na zona.
Potenciar o desenvolvemento e a evolución do sector do encaixe.
Servir como instrumento mediador para o coñecemento das características culturais comúns con outros lugares ou países produtores do encaixe artesanal.
Ofrecer un servicio cultural público que se sume aos puntos de interese turístico que posúe este municipio.