Orixe e historia
Esta técnica, orixinaria dos intercambios comerciais cos portos de Flandes no século XVI, desenvolveuse nesta zona ata chegar ao grao de perfección. Manteis, sabas, colchas, panos, traxes de voda... son creados por estas artesás que, palillo a palillo, alfinete a alfinete, logran manter viva esta expresión artística única.
Segundo relata a historia, no século XVII, nobles da zona regresaron da guerra de Flandes casados con mulleres flamencas que trouxeron novas técnicas. Nesa época, o encaixe era xa coñecido e apreciado polas clases altas da sociedade, chegando ao seu máximo esplendor no século XVIII.
A finais do XIX e comezos do século XX, exportábase gran cantidade de encaixe de Camariñas a América, actividade que se viu interrumpida polas guerras mundiais.
Rematados os conflitos bélicos e unha vez organizado o sector, resurxe esta actividade que continúa ata os nosos días nos que, con máis de 2000 palilleiras, o encaixe de Camariñas está en pleno apoxeo aparecendo en numerosos sectores como a moda, lencería ou decoración.