As rutinas son un momento vital na xornada escolar. Xa que, ademais de organizar a mañá, traballamos diferentes contidos a través de elementos da súa contorna e da musicalidade. Deste xeito, acadamos unha aprendizaxe significativa, na que o propio alumno/a mantén un papel activo, sendo o/a protagonista e fortalecendo así a súa autoestima.
Como ben se pode observar, están adaptadas ao momento do ano. Nesta ocasión, atopámonos no INVERNO e ,o/a encargado/a ten que atopar o seu número de clase e púntealo co lapis interativo.
Que engloban?
Deste xeito, aparecerálle unha pantalla na que ten que facer a grafía do seu nome (lecto-escritura) e contar as letras do seu nome (Lóxico-matemática), tal e como se ve na imaxe.
A continuación, o/a encargado/a ten que identificar as súas emocións, é dicir, explicarlle aos seus compañeiros/as como se sente ese día. É importante traballar a xestión de emocións dende cativos, dado que lles será máis doado controlalas.
O seguinte, será debuxar o seu corpo, o que lle axuda a facerse una imaxe máis axustada e afianzar o esquema corporal.
Un vez que traballamos o coñecemento de si mesmo, pasaremos ao coñecemento da contorna. O neno ou nena ten que contrastar o tempo atmosférico (dado que levamos un rexistro mensual, para logo contar os días que choveu, os días que fixo sol...) e actualizar o calendario (adquirindo así nocións temporais).
Tamén será a través de elementos da súa contorna, o que nos permitirá traballar diferentes contidos da lóxico-matemática tales como, figuras xeométricas, seriación (no caso do inverno, facer unha serie de bonecos: pingüín, pingüín, boneco de neve...), conteo, grafía dos números…
E para rematar, o/a encargado/a terá que avaliar en que medida realizou as rutinas, e os seus/súas compañeiros/as, farán unha coavaliación da labor do encargado/a.