Se queres aventura... lánzate á lectura!
Comezamos dende os 3 anos coa letra maiúscula, sendo o centro de interese e motivación o seu nome, tanto propio coma o dos compañeiros/as. Ao longo da etapa, traballarase con fonemas soltos e a unión dos mesmos, o que lles permitirá construír palabras e oracións.
Os soportes nos que traballaremos a lecto-escritura, serán a PDI e tablets, xa que resultan un elemento que esperta o interese e a motivación do alumando, grazas ás actividades interactivas, cancións, contos… Todo este traballo previo realizado de maneira dixital, preparara ao alumnado para levalo ao papel, sendo así un proceso transitorio.