Educación Infantil
2º CICLO
Como traballamos en Educación Infantil?
A finalidade da Educación Infantil é a de contribuír ao desenvolvemento físico, afectivo, social, cognitivo e artístico do alumnado, así como da educación en valores cívivos e para a convivencia.
En Educación Infantil atendemos progresivamente ao desenvolvemento afectivo, ao movemento e aos hábitos de control corporal, ás manifestacións da comunicación e da linguaxe, ás pautas elementais de convivencia e relación social, así como ao descubrimento das características físicas e sociais do medio. Ademais, facilitamos que as nenas e nenos elaboren unha imaxe de si mesmos positiva e equilibrada e adquiran autonomía persoal.
Potenciamos a transmisión daqueles valores que favorezan a liberdade persoal, a responsabilidade, a cidadanía democrática, a solidariedade, a tolerancia, o respecto, a xustiza, a prevención de conflitos e a resolución pacífica dos mesmos, a non violencia en todos os ámbitos da vida persoal, familiar e social, así como o desenvolvemento da igualdade de dereitos e oportunidades e o fomento da igualdade entre homes e mulleres.
SERVIZOS
Madrugadores
07:45 - 09:30
Transporte
4 liñas
Comedor
Escola de idiomas
Lóxico-matemática
Agrupación
deportiva
Ludoteca
17:20 - 18:30
vén a coñecernos!
Localízanos no mapa da cidade.
tarxeta identificativa
Escaneando o código QR pódese obter a información relevante do neno/a.