ed. emocional INTERIORIDADE
Inspiramos...expiramos...
Moi ligadas ao traballo psicomotriz, están tamén as emocións, dado que favorecen o control da respiración, dos movementos, pasar da actividade ao repouso, a interacción cos demais… sendo fundamentais para un correcto desenvolvemento emocional do neno e da nena. Ademais, a súa identificación, é indispensable para que os/as nenos/as poidan xestionalas de forma correcta e deste xeito, ser capaces de afrontar diferentes situacións que se irán sucedendo na súa vida.
Todo elo, trabállase a través do Proxecto "i" (educación da interioridade), onde se recollen actividades de dramatización de contos, sesións de ioga…
20220207_154842.mp4