"Parte que introduce unha obra escrita, onde se tratan cousas sobre a mesma obra ou o autor/a”. Definición da palabra limiar segundo a R.A.G.
Pois este limiar é para unha obra moi especial, a nosa revista escolar: O Voceiro de Baño, número 31.
Nela ides atopar unha gran variedade de actividades realizadas ao longo do curso escolar. Como sabedes, cada ano, adícase a unha temática diferente. Este ano, falamos, lemos, escribimos, debuxamos, cantamos, investigamos …, sobre pintores e pintoras, algúns moi coñecidos, outros e outras, quizais non tanto , pero non por iso, menos interesantes.
Isto non foi todo, tamén ides atopar outro tipo de actividades: Televalga, festas, saídas…
Mirádea!!!, Buscádevos!!! Seguro que ides levar algunha sorpresa.
Non. Non hai un autor ou autora.
Somos un equipo. Mestras, mestres, pais, nais, avoas, avós, familias, persoal non docente, ANPA, Concello... Todos e todas fan un grande esforzo, sacando tempo de onde non o hai, para que esta variedade de actividades se leven a cabo e desta maneira, os rapaces e rapazas, teñan unha aprendizaxe aberta, plural, colaborativa, lúdica...
A todos e todas, GRAZAS!!!!
Aproveitamos este espazo para as despedidas.
Aos alumnos e alumnas de sexto. Inician unha nova etapa na súa vida. Estamos seguros/as de que todo vai ir moi ben.
A Katie, despois de catro anos con nós, tivemos unha emotiva despedida.
Belén (teacher), Raquel (música), Lidia ( titora de 2º), Emilio e Marta (PT), moita sorte nos novos destinos.
A todos/as, grandes e pequenos, non esquezades que neste colexio pasou un anaquiño da vosa vida, que, cos anos, o recordo, farase cada vez máis pequeno. Esperamos que non desapareza. Baño, sempre será:” o voso cole”.
Ata pronto!!!