Os máis peques do cole tamén quixemos participar no día internacional contra a violencia de xénero, creando un espazo para a reflexión con significado para nós. Porque queremos nenos e nenas libres, que entendan o que é a igualdade, o respecto, a tolerancia e atopen na diferencia unha nova aprendizaxe.