Como en cada remate de curso, o mércores 19, fixéronse entrega dos premios da nosa mascota, o Papalibros, ós alumnos e alumnas máis lectores e lectoras da biblioteca escolar durante este curso.
Entregáronse un total de 15 premios, un por aula. Para os cursos de primaria o premio foi individual e constaba dun libro, un diploma, unha libreta de Bibliotecas Escolares e uns marcapáxinas. Para as aulas de infantil o premio foi un diploma e un pequeno lote de libros. Nesta etapa o premio é de aula.
Tamén foi momento para dar as grazas ó grupo de 13 alumnos voluntarios de 6º que este ano fixeron que as cousas foran máis fáciles na biblioteca coa súa axuda.
Eles tamén tiveron un pequeno agasallo do Papalibros, unha libreta de Bibliotecas escolares e un bolígrafo de material reciclado. Foi unha forma de darlles as grazas polo tempo de lecer compartido na biblioteca botando unha man.
Moitas grazas rapazas e rapaces!.
E... moita sorte para esa nova etapa da vosa vida que comezaredes en setembro!.