No curso de 4º este ano visitamos a Biblioteca en varias ocasións e participamos na creación do cadro do Guernica de Picasso e nun "photocall" para o día de San Valentín.
Durante a celebración do Samaín no centro visitamos a exposición de cabazas e Katie deunos agasallos no "Trick or treat" e pásamolo moi ben!
No Magosto participamos dos xogos tradicionais no patio do colexio e divertímonos moito facendo torres de carozos, saltando á comba, xogando aos aros musicais e disfrutando dun día solleiro!
Polo Nadal cantamos a panxoliña "Tres reis en bicicleta" no festival e puidemos escoitar en directo a "Uxía lambona e a banda molona" na sala de festas Chanteclair. Despois do concerto pasámolo moi ben bailando coa nosa clase!
O equipo de Normalización Lingüística do centro animounos a decorar os corredores do colexio con bandeirolas nas que cada un de nós escribiu unha palabra fermosa na nosa lingua galega.
No Entroido disfrazámonos do tema relacionado co arte escollido na nosa aula : Frida Kahlo e Diego Rivera. Todo o colexio desfilou con música ata a praza do Concello e as familias puideron seguir o desfile e celebrar con nós!
O Día da Muller as nosas compañeiras Yaiza e Diana elaboraron un cartel sobre Sofía Casanova en conmemoración deste día!
Tamén elaboramos un collage dunha peza artística entre varios compañeiros e compañeiras que quedou moi vistoso!
O día da carreira colaboramos coma cada ano coa ONG: "Save the Children" e agradecemos a tódolos patrocinadores a súa colaboración!
Este curso asistimos no auditorio en Pontevedra á representación da obra "Bon apetit" que foi moi divertida!
Neste curso escolar adicado á arte, o alumnado do ciclo estivo a traballar sobre a obra e a vida de Frida Kahlo.
Podedes ver algúns dos traballos que elaboraron, traballando en equipoi e producindo ás súas propias aportacións pictóricas.