Melanesia

Illas Salomón

Costumes Tradicionais Illas Salomón

Misterioso cabelo louro nas Salomón

Música na auga en Vanuatu

Festival tradicional Vanuatu

Danzas de Guerra Malakula (Vanuatu)

Máscaras tradicionais da Illa

Elaboración bebida tradicional Fidji

Danza tradicional Fidji

Melanesia é unha de catro rexións pertencentes a Oceanía. Está composta por catro países: Fiji, Illas Salomón, Papúa Nova Guinea e Vanuatu, e un territorio que depende de Francia, Nova Caledonia.

Exténdese desde o occidente do océano Pacífico ao mar de Arafura e ten ao sur a Australia. O seu límite oeste é a liña de Weber (en Indonesia), ao norte Micronesia e ao este Polinesia. Este termo propuxérono para denominar a un grupo de illas que se consideraban étnicas e xeograficamente distintas das de Polinesia e Micronesia.

As seguintes illas considéranse tradicionalmente parte da rexión Melanesia:

Illas de poboación étnica papúa:

· Illa de Nova Guinea, dividida en 2: ao leste o Estado Independente de Papúa Nova Guinea e ao oeste Nova Guinea Occidental (Provincias indonesias de Papúa e Papúa Occidental).

· Illa Bougainville, pertence a Papúa Nova Guinea.

· Illas do estreito de Torres, pertencen a Australia.

· As Illas Molucas pertencentes a Indonesia .

Illas de poboación étnica melanesia-oceánica:

· Arquipélago Bismarck, pertencentes a Papúa Nova Guinea e onde a illa maior é Nova Bretaña.

· Arquipélago das illas Salomón, son parte da Mancomunidade Británica de Nacións.

· Illas Trobriand, de Papúa Nova Guinea.

· Illas Vanuatu, chamadas Novas Hébridas na época colonial anglo-francesa.

· Nova Caledonia, con status particular dependente de Francia.

Outras illas próximas á rexión melanesia cuxa poboación ten devanceiros diversos son:

· Fiyi (relacionados cos polinesios), xeralmente considerados parte de Melanesia.

· Illa de Flores (Indonesia).

· Nauru, república micronesia.

· Sumba ( malayos e melanesios), illa indonesia.

· Timor, illa dividida en 2: Estado de Timor Oriental (maiormente papúes) e provincia indonesia de Timor Occidental.

· Tonga ( polinesios), reino de illas ao leste de Fiyi.

· Illa Norfolk ( polinesios), pertence a Australia.

Características étnicas e lingüísticas

A diferenza de Polinesia, os pobos de Melanesia (do mesmo xeito que os de Micronesia) non mostran un pasado histórico-cultural homóxeneo. Os estudos sobre as súas linguas, as súas variacións biolóxicas humanas e as súas culturas desafían calquera intento de categorización, e demostran unha diversidade e unha heteroxeneidade que non se atopan en ningunha outra parte do mundo dun tamaño similar.

Esta rexión engloba a dous grupos lingüisticamente distintos, os falantes de linguas papúes e os de linguas oceánicas melanesias; estas últimas relacionadas coas linguas micronesias e polinesias (familia austronesia); pola súa banda, as linguas faladas polos indíxenas australianos das illas do estreito de Torres, situadas ao norte do estado de Queensland, están relacionadas xeneticamente coas linguas papúes.

Melanesia é unha mostra de multilingüismo extremo, con linguas faladas por grupos étnicos ás veces moi reducidos: a illa de Nova Guinea soa agrupa ao redor de 750 linguas papúes, e as demais linguas austronesias repártense en multitude de illas. Esta diversidade lingüística deu lugar á aparición de moitos pidgins ou lingua de comunicación común nas zonas urbanas.

O multilingüismo das cidades e a alta porcentaxe de matrimonios entre persoas de grupos étnicos distintos permitiron que estes pidgins se estabilizasen e que algúns pasasen recentemente a ser recoñecidos como linguas criollas. En Vanuatu, o bislama ten status de lingua oficial xunto co inglés e o francés. En Papúa Nova-Guinea, o tok pisin é lingua oficial xunto co inglés e outro pidgin, o hiri motu. Nas illas Salomón, o pidgin é a lingua franca do país pero non ten ningún status oficial. Estas linguas son mutuamente inteligibles a pesar das diferenzas lexicales e sintácticas.

Consideracións étnicas

Os nativos son de pel escura; o pelo dos papúes é case negro, xeralmente enredado, pero os melanesios oceánicos, que tamén son de pel escura, teñen o cabelo en diversos tons que van do negro ao louro brillante ou intensamente dourado, o cal se debe a unha variante xenética propia da rexión ligada ao cromosoma 9, sen ningunha relación con cabelo louro europeo.

A agricultura e a caza

A técnica agrícola básica consiste en escoller un anaco de terreo no bosque, rozalo co machado e o lume e cultivalo ata que a parcela se esgota, momento en que se roza un novo fragmento de terreo. As parcelas de cultivo dos melanesios están diseminadas polo monte circundante, e esténdense desde a mesma costa ata considerables distancias nas alturas da zona montañosa inmediata. Desta maneira, poden distinguirse catro niveles de cultivo: o cinto areoso que se eleva progresivamente desde a mesma praia, onde medran os cocoteros; as terras chairas, de rico e fértil chan negro onde se plantan ñames e as froiteiras; as ladeiras suaves da montaña e finalmente, os niveis máis elevados, onde se cultivan as ñames máis duros e o taro.

Á súa vez, se nos enfocamos na caza, os porcos non constitúen a única fonte de carne en Melanesia. Os homes dedican parte do seu tempo á caza, para procurarse ese suplemento. Cázanse porcos salvaxes, ratas, morcegos e gran cantidade de aves, que son os animais máis abundantes. A arma de caza máis habitual é o arco de bambú ou de madeira, que precisa de frechas de varios tipos, con cabeza de bambú en forma de árbore. Para a caza dos animais máis grandes utilízase a lanza. Tamén se usan as redes ou as trampas, armadas ás veces con espigóns de bambú, cubertas de ramas e follas.

Fonte: Wikipedia


PRESENTACIÓNS DOS NEN@S

ILLAS FIJI

Cintia e Saad 3ºA

Islas salomon

3º?

Daniela y Sami ISLAS SALOMON

Daniela e Sami 3ºB

David y Arela 3ºB FIYI

David e Arela 3ºB

ismael y carla 3ºb vanuatu

Ismael e Carla 3ºB

Papua Nueva Guinea Mateo e Benito

Mateo e Benito 3ºC

Copia de Izan y claudia - 12 de abril, 11:07

Izan e Claudia 3ºC

FIji Aroa e Inés

Aroa e Inés 3ºC

HALEYHUGO

Haley e Hugo 3º C