O mundo está bastante mal, non nos enganemos. Podemos dicir, sen esaxerar, que o universo está en perigo. E, a pesares de que non está nas nosas mans evitar que todo afunda, podemos poñer o noso gran de area para corrixir o rumbo torto que están a tomar as cousas…
Desde o colexio propuxémonos un gran desafío: pode que non poidamos salvar o UNIverso, o METAverso ou o MULTIverso, pero podemos comezar… salvando uns VERSOS, que son tamén parte esencial deste enorme e marabilloso mundo en perigo de extinción. As palabras son un gran poder transformador ao noso alcance.
E se cada un ou unha de nós adopta un poema? Apréndeo de memoria, incorpórao ao seu ADN e faino seu para despois compartilo? E se entre todos e todas encargámonos de preservar unha presa de poesías, tantas como membros somos desta estupenda comunidade educativa?
Todo o alumnado do colexio “María Auxiliadora-Salesianos” van participar nesta tarefa: seleccionar un poema ou uns versos distintos e retelos, xa para sempre, no maxín das lembranzas.
A novela Fahrenheit 451 imaxina unha sociedade distópica na que os libros están prohibidos. Un grupo de rebeldes decide salva a civilización memorizando as obras fundamentais da nosa tradición literaria para compartilas: cada individuo convertirase, así, en persoa-libro, portadora de palabras esenciais, humanizadoras e libres.
Imos a emular a estes héroes: cada alumno/a do noso colexio aprenderá de memoria un poema distinto coa intención de salvagardalo. Con este sencillo xesto, multiplicado por uns centos de seres humanos (todo o alumnado, o profesorado, o PAS, cada membro da comunidade educativa do noso centro que se sume) estaremos axudando a preservar un ben preciado e fundamental na constitución da nosa natureza de criaturas sensibles e dotadas para a beleza.
Traballar habilidades como a memorización e a declamación de textos líricos.
Coñecer, por clases, poemarios, autores, correntes, subxéneros, formas métricas ou temáticas deste tipo de creacións.
Facilitar un proceso colectivo de sensibilización sobre o feito poético.
Actuar na nosa contorna e propagar o gusto pola palabra poética.
Presentación do proxecto ao equipo docente, selección do material de traballo para cada aula, preparación da didáctica.
Trátase de escoller, primeiro, 30 “bens poéticos que merecen ser salvados”, un por aula. A continuación deberase concretar as composicións distintas, tantas como nenos/as, coas que xogaremos.
Sesións en clase: motivación na aula, presentación do obxectivo colectivo (obra, autor, subxénero, corrente ou temática) que vai a ser salvado. Reparto/selección de textos (un por alumno). Lectura, memorización e prácticas de declamación.
Deseño da actividade final de difusión dos poemas.
Difusión dos poemas. Cada clase ou curso propaga os seus poemas segundo o método seleccionado e ultimado na fase anterior.