Conoce

Hai unha forma de poesía, unha corrente, un autor ou un libro que está agardandovpor ti. Achégate aos seus versos, coñéceos. Despois escolle un poema que che guste e prepárate para facelo teu. Formarás así parte da Sociedade Secreta para a Protección da Lírica da nosa escola.

Las tres hermanas. Julio Martínez

Selecciona

Alumnado: Cada clase opase de salvar unha rama da poesía, un libro ou algúns versos da obra dun autor ou autora. Dentro deste pequeno universo deberás escoller, coa axuda do profesorado, o texto do que vos ides apropiar.


Familias, profesorado, traballadores, amigos e amigas: Busca un poema co que te identifiques, que che guste... Consulta na listaxe se xa está adoptado. Se é así, busca outro, que hai moitas criaturas verbais precisadas de agarimo

Seguro que atopas o poema que  queres facer teu para sempre!

Puedes pedirnos consejo: nuestros expertos te echarán una mano. Escríbenos a la siguiente dirección:

adoptapoemas@aulasalesianosvigo.es 

E se eres dos que dubida, e non tes moi claro iso da poesía, animamoste a leer este artigo con


 "Algunhas ideas para escépticos da poesía"

Solicitude

Se non es alumno/a, comunícanos que poema estás disposto a preservar a través do seguinte formulario de adopción. 

Indícanos título ou, se non ten, primeiro verso da composición, e autor ou autora.

Confirmación

Superado todo o proceso (elixir, solicitar), enviarémosche un certificado como persoa axeitada para esa adopción. Desde ese momento serás responsable do poema e o teu nome aparecerá con letras de ouro na lista de soci@s da nosa Secreta Sociedade Protectora da Lírica.

Poemas adoptados

Listado de adopción

Síguenos

YouTubeInstagramLink