Ángela Ruiz Robles

(Villamanín, León 1885 - Ferrol 1975) 

Foi unha mestra e inventora galega, precursora do libro electrónico.  Ángela Ruiz chega con 23 anos a Galicia para traballar de mestra en Santa Uxía de Mandiá,  preto de Ferrol, implicándose na aprendizaxe do seu alumnado e axudando os pais e nais que o precisaban, ensinándolles a ler e escribir. Desfruta do seu traballo, pero quere máis e comeza a implantar novos xeitos de aprender baseados na experiencia e non tanto na memorización, facendo excursións e traballos divertidos na clase. Trasládase a dar clase a Ferrol, e preocupada polo peso das carteiras cheas de libros que leva o seu alumnado, deseña un prototipo de libro electrónico. Este precursor do libro electrónico é coma unha maleta que por medio duns rolos intercambiables podía conter todas as materias, sendo moito máis cómodo e saudable.

Ángela Ruiz Robles realizado en Arts

Presentación do traballo de aexto de Primaria.

Cartel utilizado na exposición