Isabel Zendal

(Ordes 1773 - Nova España, actual México, séculoXIX) 

Foi unha enfermeira galega que formou parte da expedición que levou a vacina da varíola a América. Isabel nace na parroquia de Parada, en Ordes, e moi nova marcha á Coruña a traballar no Hospital da Caridade, onde coida aos nenos e nenas do orfanato. En1803 forma parte xunto con 22 nenos portadores da vacina da varíola, da expedición que a bordo do buque María Pita sae da Coruña con destino a América. Ela encargarase en todo momento do benestar e da saúde dos nenos. Esta expedición sanitaria comandada por Francisco Xavier Balmis contribuíu a erradicar a enfermidade. A Organización Mundial da Saúde (OMS) recoñece a Isabel Zendal como a primeira enfermeira da historia en misión humanitaria.

Isabel Zendal realizado en Arts

Nenas e nenos de primeiro de Primaria presentado o seu traballo.

Cartel utilizado na exposición