Olimpia Valencia

(Baltar 1898 - Vigo 1987)

Foi a primeira médica galega. Especializouse en xinecoloxía. Estuda Medicina na Universidade de Santiago de Compostela e remata os estudos con Premio Extraordinario. Xa licenciada marcha a Madrid para realizar a tese de doutoramento e no ano 1928 instálase en Vigo. Alí mesmo abre a primeira clínica xinecolóxica dirixida por unha muller, ao tempo que traballa na Seguridade Social. Muller moi activa na sociedade do seu tempo, no ano 1936 asina o documento a favor do Estatuto de Autonomía de Galicia. Así mesmo, participa na fundación da Alianza Francesa e da Academia Médico Cirúrxica de Vigo.

Olimpia Valencia realizado en Arts

Nenas e nenos de terceiro de Primaria presentado o seu traballo.

Cartel utilizado na exposición