Classkick é unha aplicación para compartir tarefas con estudantes, controlando o seu progreso, e ofrecendo retroalimentación. Compartimos os cadernos de obra co alumnado das aulas de 2º EP mediante un código e, unha vez que eles entren co seu usuario, poderán ver e realizar a actividade. O profesor controla a tarefa e pode engadir feedback inmediato.
Poden engadir imaxes desde a cámara do dispositivo, texto, unha ligazón de Web, ou audio en cada diapositiva. Esta aplicación foi empregada polos grupos de 2º nas súas tabletas.
Notability é unha aplicación eficaz para tomar notas, marcar documentos, incluír fotografias, audio... Todo o que escribimos a man, incluso o que debuxamos, ou o que tecleemos, queda no documento que de novo pode enviarse ao titor para feedback. Esta aplicación foi empregada polos grupos de 4º nas súas tabletas.
DocHub é un editor en liña totalmente gratuíto que permíte ver documentos e editalos, de maneira que inclúas texto ou enchas formularios. Podeste rexistrar ou simplemente entrar cunha conta de Google. Esta ferramenta empregouse cos alumnos e alumnas de 6º, xa que todos teñen unha conta no dominio do centro e están afeitos a empregala. Unha vez editado e modificado o caderno reenvíase ao correo do titor para feedback.