Minecraft é un videoxogo no que accedemos a un mundo virtual baseado en bloques, a inmensa maioría con forma de cubo. Non hai dous mundos iguais e todos son infinitos. Minecraft ten selvas, paisaxes nevadas, encoros e outeiros empinados, ovellas, pitos, vacas ou luras entre moitos outros animais. Permite diferentes posibilidades ao ser multiplataforma e poder ser xogado no modo un só xogador ou non modo multixogador. Podemos construír todo e destruír ou reconstruír todo.
Atrevémonos a adiantar algunhas das consideracións despois duns meses de MINECRAFT na aula.
Desenvolve a creatividade. En palabras de Einstein “Se o podes imaxinar, pódelo lograr” e en Minecraft a imaxinación funciona ao 100%.
Exerce un efecto positivo na socialización sobre todo en alumnos/as con necesidades educativas especiais.
Potencia o dominio das novas tecnoloxías e do razoamento espacial co uso de mapas e coordenadas.
Desenvolve habilidades sociais como o traballo en equipo, o respecto polos demáis, o compañeirismo porque ninguén pode quedar atrás e temos que axudarnos cando hai un problema.
Favorece a capacidade para enfrontarse a problemas e planificar solucións e a toma de decisións.