Somos os nenos e nenas do CEIP Ponte dos Brozos en Arteixo (A Coruña). Neste curso 2016-2017 as aulas de 2º, 4º e 6º estamos Xogandos aos oficios, un dos proxectos seleccionados por Proyecta Innovación na convocatoria 2016.
Nesta lea andan metidos tamén Pepa Sanjurjo e Rosa Moreiras como titoras de 2º, Begoña Codesal, Emi Rodríguez, Mónica Sanjurjo como titoras de 4º e Ángel Roel e Patricia Galán como titores de 6º.
Coordinando o proxecto está María Ces, mestra de lingua estranxeira e o noso coordinador TICS, Fernando Moreno.
Os nosos profes forman parte dun grupo de traballo que investiga as posibilidades didácticas de MINECRAFT co apoio e a axuda económica do CFR de A Coruña, asesorados por Marta Dopico.