Din que a aprendizaxe no ser humano está intimamente ligada á capacidade para xerar emocións, e se hai un elemento que nos garante esa emoción é o xogo. No noso centro fixemos da gamificación o noso aceno de identidade. Estamos afeitos a xogar. Os nosos cativos recoñecen deseguido ese espazo de xogo. Recoñecen que todos os xogos teñen un patrón cuns protagonistas, unhas regras, misións e retos que cumprir. O escenario é moi familiar. Agora o xogo chámase MINECRAFT, o xogo dos xogos, onde xuntamos creatividade e emoción, o xogo que coñecen e que lles encanta.Estamos pois diante dunha ferramenta moi potente á hora de deseñar procesos de ensino-aprendizaxe baseados na inmersión, a motivación, a diversión, a exploración e a interactividade.
Neste proceso, o alumnado imaxina o que quere facer; crea un proxecto baseado nas súas ideas; xoga coas súas ideas e creacións; comparte as súas ideas e creacións con outros e reflexiona sobre as súas experiencias.