A evidencia sanitaria máis recente dinos que persoas portadoras do coronavirus e sen síntomas poden propagar virus en aerosoles ao falar. Estes aerosoles permanecen como se fose fume invisible no ambiente de espazos pechados.
Como medida complementaria ao uso de máscaras recoméndase ventilar as aulas.
Isto ten algúns inconvintes: Aumenta o custe de calefacción e a probabilidade de contraer catarros e doenzas similares pola exposición ao frío.
Esta medida, por outro lado, non resolve o problema, senón que reduce a posible carga viral no ambiente.
Unha medida complementaria adicional, sen custes nin riscos asociados, sería o emprego de xestos. Cada xesto realizado polo profesor ou os alumnos son menos palabras que se din, e menos aerosoles que se producen.
Estes xestos tampouco resolven o problema, mais poden contribuir a reducir a posible carga viral no ambiente debida á presenza de persoas (alumnos ou profesores) portadoras de virus sen síntomas.
Pódese comezar usando este conxunto básico de xestos antivirus:
Axuda
Ben-Mal
Moito-Pouco
Sí-Non
Saber
Agardar
Por Favor
Grazas
Ola
Adeus
Porta
Xanela
Cadeira
Mesa
Baño
Números (1-10)
Xogar
Limpar
Ir
Vir
Pechar
Abrir
Despois dun tempo no que alumnos e profesor xa coñecen e usan estes xestos nas clases, pódense ir incorporando os seguintes:
Enfermo
Dor
Vaso
Auga
Máscara
Antes-Despois
Rápido-Lento
Xesto
Entender
Deber
Síntoo
Nai
Pai
Todo
Nada
Poder
Comer
Beber
Hora
Día
Onte
Hoxe
Mañá
O total dos xestos antivirus pódese engadir despois, e se fai falla algún xesto adicional pódese buscar no diccionario de xestos yogote.