MÁIS información e traballos na sección "Alimentación saudable"
Como parte do plan proxecta no que está a participar o noso centro, está a animación á participación no deporte escolar a través do programa Xogade, para iso o alumnado de Plástica de 3º e 4º da ESO dirixidos pola profesoras Adela e Begoña deseñaron os carteis para anunciar os eventos deportivos de Xogade nos que pode participar o noso alumnado. A continuación, algúns dos traballos:
A profesora Ledicia, coa súa impresora 3D, fíxonos a carcasa dos díxitos do marcador electrónico que está deseñando o alumnado de 1º CM Instalacións de Telecomunicacións dirixidos pola profesora Carmen Freiría. Agardamos que á volta deste confinamento dea tempo a facer as placas coa electrónica e poder estrear o marcador este curso
O pasado 25 de outubro, alumnado de 4º ESO C e 4º ESO D, acompañados pola profe Fini e a profe Chus, visitaron a adega e os viñedos "Altos de Torona" e, como non fixeron exercicio suficiente camiñando polos viñeros, decidiron volver a pé ao IES por unha ruta de 5 km deseñada polo profesorado e alumnado do Ciclo Medio de Aproveitamento e Conservación do Medio Natural.
Este curso comezamos celebrando o Día Europeo do Deporte Escolar. Organizáronse por equipos de 6 ou 7 persoas para participar nas distintas actividades programadas, como brilé, baile, ioga, diferentes carreiras, baloncesto, etc. Salvo pequenos percances, a xornada foi alegre e divertida para toda a comunidade.
Os luns será o de tenis de mesa, martes e mércores baloncesto e xoves e venres brilé. Os torneos rematarán en xaneiro, agás tenis de mesa que se manterá durante todo o curso.
O partido aprazado do xoves da semana pasada xogarase este xoves
Este é o calendario dos partidos que non se poderon xogar no primeiro trimestre. O xoves da semana que vén teremos a reunión onde se fará o sorteo para a fase final. Non faltedes porque alí se vos dirá que equipo xoga xa ese venres a primeira semifinal!