Debido á situación na que nos atopamos a confederación Saúde Mental de España puxo en marcha unha campaña co obxectivo de concienciar á sociedade de que é moi importante manter e coidar a saúde mental durante este proceso, por iso hoxe imos redactar un artigo cunhas recomendacións para manter e coidar esta saúde mental.
O illamento pode supoñer un empeoramento desta saúde tanto o a poboación sa como naquelas que xa teñen problemas de saúde. A primeira recomendación a seguir é manter a calma, o agarimo coa familia, e moita responsabilidade. É moi conveniente o apoio entra a familia para sentirse seguro e protexido ademais de estreitar os vínculos moito máis. A segunda é o apoio de soportes tecnolóxicos xa que fai que o tempo se pase máis rápido estando entretido debido a diversos xogos etc.,
O último consello é facer exercicio en familia, xa que iso estreita os lazos familiares ademais de poñerse en forma. Dentro da gran variedade pódese facer zoa en casa a través dalgúns soportes tecnolóxicos, outra opción é facerche as túas propias táboas para exercitar a parte do corpo que o teu queiras, ou se non, hai moitas aplicacións que as fan por ti, regúlanche o tempo e todo.